Todos os pronomes teñen en común unha serie de características que corresponden ás súas categorías: persoa, número, xénero, tratamento, exclusividade, reflexividade e caso. Así, por exemplo, o pronome che contaría cos seguintes trazos: 2ª persoa, non cortés, masculino/feminino, singular, non reflexivo, dativo. 1. Persoa (1ª, 2ª, 3ª) A 1ª e a 2ª persoa son as únicas que se refiren as persoas que participan no acto comunicativo. A 1ª refírese ó emisor, a 2ª ao receptor, mentres que a 3ª constitúe o obxecto de discurso. Cómpre sinalar que os pronomes persoais non sempre son substitutivos do nome, nin todos fan referencia necesariamente a persoas, pois ao empregar a terceira persoa podemos referirnos a persoas humanas, animais, cousas físicas... (por exemplo: Merqueino para o can; merqueino para el). 2. Número Singular (un)/Plural (máis de un) 3. Xénero (masculino/feminino) Este aparece amalgamado (existe unha f usión nun significante, neste caso o pronome, de...