Saltar ao contido principal

Benvida

Benvid@s ao blog.
A finalidade deste é realizar unha explicación do uso das formas pronominais galegas che e te, dirixida a persoas estranxeiras.

Na aprendizaxe dunha lingua podemos atoparnos con distintas dificultades que afectan a distintos planos (morfoloxía, fonética, sintaxe, pragamática…).O grao de dificultade adoita depender da lingua materna pois interiorízanse aspectos gramaticais non compartidos pola que queremos aprender.Un dos aspectos que pode presentar maior complexidade na aprendizaxe do galego afecta á sintaxe: o uso dos pronomes persoais átonos te ou che.

Este blog foi realizado por alumnas da Universidade de Santiago de Compostela da Faculdade de Filoloxía. Os exercicios prácticos destinados a aplicar as o contigo teórico que aparece neste blog para que a aprendizaxe sexa máis doada, están dispoñibles nunha plataforma electrónica (Edmodo) que funciona coma aula virtual á que só terán acceso os alumnos do proxecto. Deste modo o blog pretende ser un medio accesible a calquera que teña interese e curiosidade na lingua galega e nas súas características. Ao mesmo tempo debe ser o soporte teórico polo que se deben guiar o alumnado estranxeiro do proxecto.
Se queres formar parte do nosso proxecto e obter o código de acceso para rexistrarse no curso de Edmodo ponte en contacto con nós mediante o seguinte correo:
proxectoglecheete@gmail.com

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Acusativo e dativo

Existen formas exclusivas de acusativo (te, o, a, os, as, cos seus alomorfos) e formas exclusivas de dativo ( che, lle, lles) , e outras empréganse tanto no dativo coma no acusativo ( me, nos, vos ). O galego conta con dúas formas pronominais átonas na segunda persoa ( te , CD/ che , CI) e na terceira ( o, lo,no, CD/ lle , CI), distinguíndose da primeira persoa, representada pola forma me para ambas funcións. Na segunda persoa é onde a nosa lingua particularmente dispón dunha forma, che , indicativa do CI. A maioría das linguas non presentan esta diferenciación, sendo o acusativo o que reúne ambas funcións. Así, en castelán temos: No te veo/No te veo el coche , fronte ao galego: Non te vexo/Non che vexo o coche . Ás persoas estranxeiras resúltalles difícil saber cando se emprega o clítico de acusativo te e o de dativo che , por iso hai unha norma pola que se poden guiar: substituír estas formas polos pronomes de 3ª persoa, lle (dativo)  e o (acusativo), o

Serie átona

NÚMERO PERSOA E XÉNERO NON REFLEXIVO REFLEXIVO DATIVO ACUSATIVO SINGULAR 1ª me 2ª che te 3ª Masculino lle o, lo, no se Feminino a, la, na PLURAL 1ª nos 2ª vos 3ª Masculino lles os, los, nos se Feminino as, las, nas

Pautas para o emprego de dativo e acusativo

A liña entre o dativo e o acusativo pode resultar difusa. Hai casos nos que a presenza dun clítico acusativo ou dativo débese a construcións distintas do predicado sen gran diferenza de significado; outras veces a linguaxe semella ter dúas opcións de escolla; outras a selección dun ou outro pode vir acompañado dun cambio de significado. En complexos verbais con dous predicados, dos que o dependente é un infinitivo, o clítico complemento do verbo principal pódese referir, ao mesmo tempo ó suxeito do verbo modal. A escolla do clítico de acustivo ou de dativo depende en parte das características do verbo principal e, en parte, das do predicado dependente. Podo escoitar che esa nova voz antes de saír. Cos verbos de orde e causativo (mandar, deixar, facer...) e cos de percepción (ver, oír , sentir...) prefírese o acusativo se o infinitivo é intransitivo e o dativo se o predicado é transitivo,sobre todo se ten CD expreso. María fíxo a calar, pero logo deixou lle facer unha