Saltar ao contido principal

Dativo non reflexivo e valores especiais

Considérase tipicamente que a principal función, que desenvolve o pronome de dativo (me, che, lle, nos, vos, lles) dentro dunha oración é a de obxecto indirecto moitas veces equivalendo a un sintagma preposicional encabezado por  a:
Seguro que che darán un posto de traballo na nova empresa. (a ti)
Faille caso á profesora, ela é unha persoa moi sabida.(a ela)
Deiche o agasallo polo teu aniversario .(a ti)
Ademais tamén pode realizar a función de suxeito de infinitivo nas estruturas verbo finito+infinitivo+pronome cando o verbo en forma fìnita (conxugada) é impersoal: (cómpreche traballar máis= cómpre que ti traballes máis).
Pode ter os valores especiais de dativo de interese, dativo de solidariedade ou dativo posesivo.


Dativo de interese:
Existe unha persoa (normalmente o emisor) que ten interese nos feitos relatados, no seu desenvolvemento ou na súa consecuencia (non participa directamente). Non te me vaias de aquí.
Voulle mercar unhas luvas novas a Albiña, coas vellas vénselleme os dedos.
me a persoa aludida ten interese nos feitos pero non participa.
Albiña (sux.)
Unhas luvas novas (CD)
Lle (CI)
Tiña que alimentar o gato, mentres lle viviu.
Lle fai referencia ao gato.


Dativo de solidariedade:
O dativo de solidaridade constitúe unha característica peculiar do galego. Designa un oínte que non participa nos feitos e o emisor pretende convertilo en participante (recibindo deles beneficio ou dano) co obxectivo de manter a súa atención e garantir a súa complicidade solidaria, inclinándoo cara ás súas posicións. Represéntase mediante un clítico de segunda persoa e é preciso certo grao de familiaridade e un contexto coloquial ou afectivo. Non desempeña función sintáctica senón pragmática ou informativa. Formas clíticas familiares che, vos e de cortesía lle, lles. Che é o máis común. Como por exemplo:
A min molestoume sacar tan mala nota, pero non por iso che deixei de durmir.
Che: alocutorio, non participou nos feitos nin ten relación con deixar de durmir.
Téñovos moito que estudar. (Familiaridade)
-Téñolle moito que estudar. (Cortesía)

Dativo posesivo
Indica posesión, pertenza ou outros  valores similares  a respecto dun elemento da frase que designa partes do corpo, obxectos persoais, parentesco…, establecendo relacións propias dos pronomes posesivos.

Pisouche o pé esquerdo co seu tacón.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Acusativo e dativo

Existen formas exclusivas de acusativo (te, o, a, os, as, cos seus alomorfos) e formas exclusivas de dativo ( che, lle, lles) , e outras empréganse tanto no dativo coma no acusativo ( me, nos, vos ). O galego conta con dúas formas pronominais átonas na segunda persoa ( te , CD/ che , CI) e na terceira ( o, lo,no, CD/ lle , CI), distinguíndose da primeira persoa, representada pola forma me para ambas funcións. Na segunda persoa é onde a nosa lingua particularmente dispón dunha forma, che , indicativa do CI. A maioría das linguas non presentan esta diferenciación, sendo o acusativo o que reúne ambas funcións. Así, en castelán temos: No te veo/No te veo el coche , fronte ao galego: Non te vexo/Non che vexo o coche . Ás persoas estranxeiras resúltalles difícil saber cando se emprega o clítico de acusativo te e o de dativo che , por iso hai unha norma pola que se poden guiar: substituír estas formas polos pronomes de 3ª persoa, lle (dativo)  e o (acusativo...

Introdución

Os pronomes son un grupo pechado de morfemas gramaticais que sintacticamente actúan coma un sintagma nominal; morfoloxicamente poden admitir flexión ou non (sendo así palabras variables ou invariables), e semanticamente caracterízanse porque o seu significado é referencial ou relacional (ata que non se asocien a un referente non posúen significado total). Podemos distinguir varias clases de pronomes: persoais, posesivos, demostrativos, relativos, interrogativos, exclamativos, identificadores, ordinais e cuantificadores. O pronome persoal, caracterízase por realizar as mesmas función ca un substantivo. No plano léxico a súa principal referencia é a de persoa; no morfolóxico defínese porque nas de 3ª presenta flexión de xénero e número . Á hora de estudalos podemos facer a distinción segundo a función que desempeñen na oración: pronomes átonos e tónicos. Ademais os pronomes tónicos posúen acento de intensidade. As formas pronominais tónicas refírense ao nominativo ou a...