Saltar ao contido principal

Introdución



Os pronomes son un grupo pechado de morfemas gramaticais que sintacticamente actúan coma un sintagma nominal; morfoloxicamente poden admitir flexión ou non (sendo así palabras variables ou invariables), e semanticamente caracterízanse porque o seu significado é referencial ou relacional (ata que non se asocien a un referente non posúen significado total).
Podemos distinguir varias clases de pronomes: persoais, posesivos, demostrativos, relativos, interrogativos, exclamativos, identificadores, ordinais e cuantificadores.


O pronome persoal, caracterízase por realizar as mesmas función ca un substantivo. No plano léxico a súa principal referencia é a de persoa; no morfolóxico defínese porque nas de 3ª presenta flexión de xénero e número .
Á hora de estudalos podemos facer a distinción segundo a función que desempeñen na oración: pronomes átonos e tónicos. Ademais os pronomes tónicos posúen acento de intensidade.
As formas pronominais tónicas refírense ao nominativo ou ao complemento e actúan como suxeitos e termos de sintagmas preposicionais, e as formas átonas fan referencia ao acusativo ou ao dativo e funcionan como CD e CI.
Ímonos centrar nas formas pronominais átonas de 2ª persoa che e te cuxa diferenza é puramente sintáctica, observándose no caso (acusativo / dativo).




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Dativo non reflexivo e valores especiais

Considérase tipicamente que a principal función, que desenvolve o pronome de dativo ( me, che, lle, nos, vos, lles ) dentro dunha oración é a de obxecto indirecto moitas veces equivalendo a un sintagma preposicional encabezado por   a : Seguro que che darán un posto de traballo na nova empresa. (a ti) Fai lle caso á profesora, ela é unha persoa moi sabida. (a ela) Dei che o agasallo polo teu aniversario . (a ti) Ademais tamén pode realizar a función de suxeito de infinitivo nas estruturas verbo finito+infinitivo+pronome cando o verbo en forma fìnita (conxugada) é impersoal: ( cómpre che traballar máis = cómpre que ti traballes máis) . Pode ter os valores especiais de dativo de interese, dativo de solidariedade ou dativo posesivo. Dativo de interese : Existe unha persoa (normalmente o emisor) que ten interese nos feitos relatados, no seu desenvolvemento ou na súa consecuencia (non participa directamente). Non te me vaias de aquí. Voulle mercar unhas luvas nov...

Acusativo e dativo

Existen formas exclusivas de acusativo (te, o, a, os, as, cos seus alomorfos) e formas exclusivas de dativo ( che, lle, lles) , e outras empréganse tanto no dativo coma no acusativo ( me, nos, vos ). O galego conta con dúas formas pronominais átonas na segunda persoa ( te , CD/ che , CI) e na terceira ( o, lo,no, CD/ lle , CI), distinguíndose da primeira persoa, representada pola forma me para ambas funcións. Na segunda persoa é onde a nosa lingua particularmente dispón dunha forma, che , indicativa do CI. A maioría das linguas non presentan esta diferenciación, sendo o acusativo o que reúne ambas funcións. Así, en castelán temos: No te veo/No te veo el coche , fronte ao galego: Non te vexo/Non che vexo o coche . Ás persoas estranxeiras resúltalles difícil saber cando se emprega o clítico de acusativo te e o de dativo che , por iso hai unha norma pola que se poden guiar: substituír estas formas polos pronomes de 3ª persoa, lle (dativo)  e o (acusativo...