Os pronomes son un grupo pechado de morfemas gramaticais que sintacticamente actúan coma un sintagma nominal; morfoloxicamente poden admitir flexión ou non (sendo así palabras variables ou invariables), e semanticamente caracterízanse porque o seu significado é referencial ou relacional (ata que non se asocien a un referente non posúen significado total). Podemos distinguir varias clases de pronomes: persoais, posesivos, demostrativos, relativos, interrogativos, exclamativos, identificadores, ordinais e cuantificadores. O pronome persoal, caracterízase por realizar as mesmas función ca un substantivo. No plano léxico a súa principal referencia é a de persoa; no morfolóxico defínese porque nas de 3ª presenta flexión de xénero e número . Á hora de estudalos podemos facer a distinción segundo a función que desempeñen na oración: pronomes átonos e tónicos. Ademais os pronomes tónicos posúen acento de intensidade. As formas pronominais tónicas refírense ao nominativo ou a...