Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2017

Ligazóns de interese

Por último, aquí preséntanse certas ligazóns de interese que poden resultar útiles para a aprendizaxe da lingua galega e as suas características: http://academia.gal http://ilg.usc.es http://academia.gal/recursos-volg#http://academia.gal/Volga/? https://www.edu.xunta.gal/centros/iescamposanalberto/aulavirtual2/pluginfile.php/18353/mod_resource/content/1/reforzo3º.pdf

Acusativo e dativo reflexivo

1.Úsanse con frecuencia en construcións reflexivas, na que dous argumentos son correferentes. Poden ser directas ou indirectas: a)Nas construcións reflexivas directas a correferencia dáse entre o suxeito e o CD sendo necesaria unha construción transitiva: Vícheste reflectida na ventá. Existen verbos transitivos en construcións reflexivas nas que a acción queda interiorizada no Suxeito. O redobro do clítico pode resultar estraño ou incorrecto. Sara maquillouse a ela mesma. *Sara parouse a si mesma. Incorrecta. b )Nas construcións reflexivas indirectas a correferencia dáse entre o suxeito e CI, posibilidade que en galego ocorre moi raramente (só posible en constricións particulares sempre que o CD non sexa un clítico). ¿Non te preguntaches se sería certo? 2.As formas reflexivas úsanse tamén nas construcións de reciprocidade, nas que dous ou máis actores se alternan nos papeis de suxeito (axente) e obxecto, representado por un clítico reflexivo de plural que pode se CD

Pautas para o emprego de dativo e acusativo

A liña entre o dativo e o acusativo pode resultar difusa. Hai casos nos que a presenza dun clítico acusativo ou dativo débese a construcións distintas do predicado sen gran diferenza de significado; outras veces a linguaxe semella ter dúas opcións de escolla; outras a selección dun ou outro pode vir acompañado dun cambio de significado. En complexos verbais con dous predicados, dos que o dependente é un infinitivo, o clítico complemento do verbo principal pódese referir, ao mesmo tempo ó suxeito do verbo modal. A escolla do clítico de acustivo ou de dativo depende en parte das características do verbo principal e, en parte, das do predicado dependente. Podo escoitar che esa nova voz antes de saír. Cos verbos de orde e causativo (mandar, deixar, facer...) e cos de percepción (ver, oír , sentir...) prefírese o acusativo se o infinitivo é intransitivo e o dativo se o predicado é transitivo,sobre todo se ten CD expreso. María fíxo a calar, pero logo deixou lle facer unha

Dativo non reflexivo e valores especiais

Considérase tipicamente que a principal función, que desenvolve o pronome de dativo ( me, che, lle, nos, vos, lles ) dentro dunha oración é a de obxecto indirecto moitas veces equivalendo a un sintagma preposicional encabezado por   a : Seguro que che darán un posto de traballo na nova empresa. (a ti) Fai lle caso á profesora, ela é unha persoa moi sabida. (a ela) Dei che o agasallo polo teu aniversario . (a ti) Ademais tamén pode realizar a función de suxeito de infinitivo nas estruturas verbo finito+infinitivo+pronome cando o verbo en forma fìnita (conxugada) é impersoal: ( cómpre che traballar máis = cómpre que ti traballes máis) . Pode ter os valores especiais de dativo de interese, dativo de solidariedade ou dativo posesivo. Dativo de interese : Existe unha persoa (normalmente o emisor) que ten interese nos feitos relatados, no seu desenvolvemento ou na súa consecuencia (non participa directamente). Non te me vaias de aquí. Voulle mercar unhas luvas novas a