Saltar ao contido principal

Categorías dos pronomes

Todos os pronomes teñen en común unha serie de características que corresponden ás súas categorías: persoa, número, xénero, tratamento, exclusividade, reflexividade e caso. Así, por exemplo, o pronome che contaría cos seguintes trazos:
2ª persoa, non cortés, masculino/feminino, singular, non reflexivo, dativo.
1. Persoa (1ª, 2ª, 3ª)
A 1ª e a 2ª persoa son as únicas que se refiren as persoas que participan no acto comunicativo. A 1ª refírese ó emisor, a 2ª ao receptor, mentres que a 3ª constitúe o obxecto de discurso.
Cómpre sinalar que os pronomes persoais non sempre son substitutivos do nome, nin todos fan referencia necesariamente a persoas, pois ao empregar a terceira persoa podemos referirnos a persoas humanas, animais,  cousas físicas... (por exemplo: Merqueino para o can; merqueino para el).
2. Número
Singular (un)/Plural (máis de un)
3. Xénero (masculino/feminino)
Este  aparece amalgamado (existe unha fusión nun significante, neste caso o pronome, de dous ou máis significados que normalmente se dan en elementos distintos), a excepción da 3ª persoa.
4. Tratamento (cortés/ non cortés)
5. Reflexividade (reflexivo/non reflexivo)
Hai reflexividade cando a acción verbal recae sobre o propio suxeito.
Existe identificación entre suxeito e o obxecto da acción indicada polo verbo.

6. Caso (nominativo, complemento, acusativo e dativo).
As formas pronominais que se refiren ao nominativo ou ao complemento son tónicas, mentres que as que fan referencia ao acusativo ou aodativo son formas átonas.
Nós trataremos as que fan referencia ás formas de acusativo ou dativo, pois móstrase aquí a principal diferenza entre o uso de te e che.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Dativo non reflexivo e valores especiais

Considérase tipicamente que a principal función, que desenvolve o pronome de dativo ( me, che, lle, nos, vos, lles ) dentro dunha oración é a de obxecto indirecto moitas veces equivalendo a un sintagma preposicional encabezado por   a : Seguro que che darán un posto de traballo na nova empresa. (a ti) Fai lle caso á profesora, ela é unha persoa moi sabida. (a ela) Dei che o agasallo polo teu aniversario . (a ti) Ademais tamén pode realizar a función de suxeito de infinitivo nas estruturas verbo finito+infinitivo+pronome cando o verbo en forma fìnita (conxugada) é impersoal: ( cómpre che traballar máis = cómpre que ti traballes máis) . Pode ter os valores especiais de dativo de interese, dativo de solidariedade ou dativo posesivo. Dativo de interese : Existe unha persoa (normalmente o emisor) que ten interese nos feitos relatados, no seu desenvolvemento ou na súa consecuencia (non participa directamente). Non te me vaias de aquí. Voulle mercar unhas luvas nov...

Acusativo e dativo

Existen formas exclusivas de acusativo (te, o, a, os, as, cos seus alomorfos) e formas exclusivas de dativo ( che, lle, lles) , e outras empréganse tanto no dativo coma no acusativo ( me, nos, vos ). O galego conta con dúas formas pronominais átonas na segunda persoa ( te , CD/ che , CI) e na terceira ( o, lo,no, CD/ lle , CI), distinguíndose da primeira persoa, representada pola forma me para ambas funcións. Na segunda persoa é onde a nosa lingua particularmente dispón dunha forma, che , indicativa do CI. A maioría das linguas non presentan esta diferenciación, sendo o acusativo o que reúne ambas funcións. Así, en castelán temos: No te veo/No te veo el coche , fronte ao galego: Non te vexo/Non che vexo o coche . Ás persoas estranxeiras resúltalles difícil saber cando se emprega o clítico de acusativo te e o de dativo che , por iso hai unha norma pola que se poden guiar: substituír estas formas polos pronomes de 3ª persoa, lle (dativo)  e o (acusativo...

Pautas para o emprego de dativo e acusativo

A liña entre o dativo e o acusativo pode resultar difusa. Hai casos nos que a presenza dun clítico acusativo ou dativo débese a construcións distintas do predicado sen gran diferenza de significado; outras veces a linguaxe semella ter dúas opcións de escolla; outras a selección dun ou outro pode vir acompañado dun cambio de significado. En complexos verbais con dous predicados, dos que o dependente é un infinitivo, o clítico complemento do verbo principal pódese referir, ao mesmo tempo ó suxeito do verbo modal. A escolla do clítico de acustivo ou de dativo depende en parte das características do verbo principal e, en parte, das do predicado dependente. Podo escoitar che esa nova voz antes de saír. Cos verbos de orde e causativo (mandar, deixar, facer...) e cos de percepción (ver, oír , sentir...) prefírese o acusativo se o infinitivo é intransitivo e o dativo se o predicado é transitivo,sobre todo se ten CD expreso. María fíxo a calar, pero logo deixou lle facer unha...