Saltar ao contido principal

Acusativo e dativo reflexivo

1.Úsanse con frecuencia en construcións reflexivas, na que dous argumentos son correferentes. Poden ser directas ou indirectas:
a)Nas construcións reflexivas directas a correferencia dáse entre o suxeito e o CD sendo necesaria unha construción transitiva:
Vícheste reflectida na ventá.
Existen verbos transitivos en construcións reflexivas nas que a acción queda interiorizada no Suxeito. O redobro do clítico pode resultar estraño ou incorrecto.
Sara maquillouse a ela mesma.
*Sara parouse a si mesma. Incorrecta.
b )Nas construcións reflexivas indirectas a correferencia dáse entre o suxeito e CI, posibilidade que en galego ocorre moi raramente (só posible en constricións particulares sempre que o CD non sexa un clítico).
¿Non te preguntaches se sería certo?

2.As formas reflexivas úsanse tamén nas construcións de reciprocidade, nas que dous ou máis actores se alternan nos papeis de suxeito (axente) e obxecto, representado por un clítico reflexivo de plural que pode se CD ou CI.
Xoán abrazou a Xoana- Xoana abrazou a Xoán- Xoán e Xoana abrazáronse.

3.Na construción transitiva activa, o suxeito e o CD poden ser respectivamente, axente e paciente ou forza e experimentador. Á construción activa con suxeito axente e CD paciente corresponde unha pasiva con suxeito paciente: á construción activa con suxeito forza e CD experimentador corresponde unha media con suxeito experimentador. Na pasiva media opérase tamén o cambio no verbo (ser+participio ou se+3P nas impersoais de indeterminación de axente) mentres na voz media , engádese un pronome reflexivo ou carece de marcas.
Paula lavou a roupa. A roupa foi lavada por Paula.
Suxeito axente -Paula Suxeito paciente-A roupa
A roupa – CD paciente Por Paula- Complemento axente

Destruíron todos as nosas probas         As nosas probas foron destruídas.
As nosas probas – CD paciente As nosas probas- Suxeito paciente, non é necesario o axente (por eles)

A calor de onte derreteu o chocolate. O chocolate derreteuse.
A calor de onte- Suxeito, forza O chocolate -Suxeito experimentador
O chocolate – CD, experimentador

O vento pechou a porta. A porta pechouse co vento
O raio estragou a antena. A antena estragouse.

As formas reflexivas tamén se usan con verbos que en todas as súas acepcións ou parte delas , se constrúen cun pronome reflexivo que carece de función sintáctica (verbos pronominais).
a) Hai verbos que se constrúen sempre cun pronome reflexivo: atreverse , apropiarse, suicidarse, queixarse, arrepentirse…
b) Outros só se comportan como verbos pronominais nalgunhas construcións sintácticas
Xa me esquecín do conto. Esquecín o conto. O conto esqueceume.
Noutros o significado cambia cando contan con este constituínte:
A muller non se quixo confesar nesa igrexa./O ladrón confesou o seu crime.
Os rapaces ríronse dela sen parar/Os rapaces riron sen parar./ Os rapaces ríronlle a gracia.
Volvinme contra a alcaldesa.Volvinme contra eles/Non volveu a cabeza.Volvín á casa.
Á mañá a meniña caeuse por aquí/A meniña caeu da bicicleta.
O calor quedouse á tarde./A miña amiga quedouse na miña casa.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Acusativo e dativo

Existen formas exclusivas de acusativo (te, o, a, os, as, cos seus alomorfos) e formas exclusivas de dativo ( che, lle, lles) , e outras empréganse tanto no dativo coma no acusativo ( me, nos, vos ). O galego conta con dúas formas pronominais átonas na segunda persoa ( te , CD/ che , CI) e na terceira ( o, lo,no, CD/ lle , CI), distinguíndose da primeira persoa, representada pola forma me para ambas funcións. Na segunda persoa é onde a nosa lingua particularmente dispón dunha forma, che , indicativa do CI. A maioría das linguas non presentan esta diferenciación, sendo o acusativo o que reúne ambas funcións. Así, en castelán temos: No te veo/No te veo el coche , fronte ao galego: Non te vexo/Non che vexo o coche . Ás persoas estranxeiras resúltalles difícil saber cando se emprega o clítico de acusativo te e o de dativo che , por iso hai unha norma pola que se poden guiar: substituír estas formas polos pronomes de 3ª persoa, lle (dativo)  e o (acusativo), o

Serie átona

NÚMERO PERSOA E XÉNERO NON REFLEXIVO REFLEXIVO DATIVO ACUSATIVO SINGULAR 1ª me 2ª che te 3ª Masculino lle o, lo, no se Feminino a, la, na PLURAL 1ª nos 2ª vos 3ª Masculino lles os, los, nos se Feminino as, las, nas

Pautas para o emprego de dativo e acusativo

A liña entre o dativo e o acusativo pode resultar difusa. Hai casos nos que a presenza dun clítico acusativo ou dativo débese a construcións distintas do predicado sen gran diferenza de significado; outras veces a linguaxe semella ter dúas opcións de escolla; outras a selección dun ou outro pode vir acompañado dun cambio de significado. En complexos verbais con dous predicados, dos que o dependente é un infinitivo, o clítico complemento do verbo principal pódese referir, ao mesmo tempo ó suxeito do verbo modal. A escolla do clítico de acustivo ou de dativo depende en parte das características do verbo principal e, en parte, das do predicado dependente. Podo escoitar che esa nova voz antes de saír. Cos verbos de orde e causativo (mandar, deixar, facer...) e cos de percepción (ver, oír , sentir...) prefírese o acusativo se o infinitivo é intransitivo e o dativo se o predicado é transitivo,sobre todo se ten CD expreso. María fíxo a calar, pero logo deixou lle facer unha