Benvid@s ao blog. A finalidade deste é realizar unha explicación do uso das formas pronominais galegas che e te, dirixida a persoas estranxeiras. Na aprendizaxe dunha lingua podemos atoparnos con distintas dificultades que afectan a distintos planos (morfoloxía, fonética, sintaxe, pragamática…).O grao de dificultade adoita depender da lingua materna pois interiorízanse aspectos gramaticais non compartidos pola que queremos aprender.Un dos aspectos que pode presentar maior complexidade na aprendizaxe do galego afecta á sintaxe: o uso dos pronomes persoais átonos te ou che. Este blog foi realizado por alumnas da Universidade de Santiago de Compostela da Faculdade de Filoloxía. Os exercicios prácticos destinados a aplicar as o contigo teórico que aparece neste blog para que a aprendizaxe sexa máis doada, están dispoñibles nunha plataforma electrónica (Edmodo) que funciona coma aula virtual á que só terán acceso os alumnos do proxecto. Deste modo o blog pretende ser un medio a...