Saltar ao contido principal

Pautas para o emprego de dativo e acusativo

A liña entre o dativo e o acusativo pode resultar difusa. Hai casos nos que a presenza dun clítico acusativo ou dativo débese a construcións distintas do predicado sen gran diferenza de significado; outras veces a linguaxe semella ter dúas opcións de escolla; outras a selección dun ou outro pode vir acompañado dun cambio de significado.
  1. En complexos verbais con dous predicados, dos que o dependente é un infinitivo, o clítico complemento do verbo principal pódese referir, ao mesmo tempo ó suxeito do verbo modal. A escolla do clítico de acustivo ou de dativo depende en parte das características do verbo principal e, en parte, das do predicado dependente.
Podo escoitarche esa nova voz antes de saír.
  1. Cos verbos de orde e causativo (mandar, deixar, facer...) e cos de percepción (ver, oír , sentir...) prefírese o acusativo se o infinitivo é intransitivo e o dativo se o predicado é transitivo,sobre todo se ten CD expreso.
María fíxoa calar, pero logo deixoulle facer unha breve intervención .
Deixar, deixeino pasar diante, pero logo fíxenlle dar explicacións.

O acusativo é tamén posible aínda que o verbo dependente estea en construción transitiva. Pero emprégase o dativo se o verbo principal leva ó seu carón o clítico acusativo do verbo dependente.
Xa te vin organizar festas ben mellores ca esta. Xa chas vin organizar ben mellores.
Con outros verbos o pronome é sempre dativo CI, sexa o predicado dependente transitivo ou intransitivo:
Impedinche montar na moto sen casco.
¿Non dixeches que che ordenaran gardar silencio

3. Hai verbos nos que a omisión dun complemento nalgunha das construcións sintácticas produce en apariencia a opción libre entre acusativo e dativo no complemento de persoa:
a) Verbos que se constrúen con CD “humano” ou CI e CD “humano”, e por tanto o complemento con referente de persoa pode ser pronominalizado cun acusativo (CD) ou cun dativo (CI). A omisión do CD “non humano” produce enunciados con dativo aparentemente equivalentes aos de acusativo:
Túa nai perdooute moitas veces./Túa nai perdoouche moitas veces (hai un CD “non humano”, por exemplo: perdoouche moitas veces os teus erros).

Entre eles atópase un numeroso grupo de verbos (do ámbito semántico de tocar, pegar, ferir..) que se constrúen cun CD de persoa ou cun CI que se refire á persoa relacionada coa “parte” en que se opera a acción verbal.
Achegouse a ti e tocoute (no brazo)./Achegouse a el e tocouche (o brazo)
Onte vinte pola ventá./Onte vinche os pés por debaixo da porta.
Mordeute o can do veciño./Mordeuche (a perna) o can do veciño.
b) Algúns verbos constrúense con CD de persoa e complemento preposicional (“non humano”) ou con CI (“humano”) e complemento preposicional; neles a omisión do complemento que se refire á entidade non humana produce unha alternancia de caso, mais cada un coa súa función:
Eu advertinte de que as ía avisar a elas. Eu advertinte./Advertinche de que as ía avisar a elas./Eu advertinche.
Avisouna de que andaban atrás dela. Avisouna Xiana./Avisoulle de que andaban atrás dela.
3. Hai verbos que parecen estar en proceso de cambio nas súas construcións, mostrando un esquema no que o complemento de persoa se expresa en dativo:
  1. Suxeito inanimado non axente que ocupa normalmente a posición posterior.
-Non deixou de estrañalo a túa nova cor de cabelo./Non deixou de   estrañarlle a túa nova cor de cabelo.
-A miña tía cánsaa moito o seu traballo./A miña tía cánsalle moito o seu traballo.
b) Nestas construcións (nas de arriba) se o complemento non fose un clítico, sería obrigado o uso da preposición a. Esta equivalencia de a+FN con dativo está na base de moitos destes usos:
-Obedéceo./ Obedécelle a el.
     c) Hai verbos transitivos que coexisten con construcións de significado equivalente con verbos operadores (temer/ter medo, oredenar/poñer orde...).
          -Empuxeino pola costa abaixo.Deille un empuxón – Empuxeille.
          -Eu aos lobos témoos. Eu aos lobos téñolles medo. Témolles.
4) Diferentes dos anteriores son os verbos en que o cambio de caso marca unha construción de significado distinto.
A máis pequena imítache (parecerse a) moito/ A máis pequena imítate (actuar coma) moito.
      -Quéreche (ter cariño a)/Quérote (amar,desexar).
      -Chameite pero non oíches(dicir o nome,atraer atención, avisar)/ Chaimeiche María (denominar)
5) A imposibilidade de que se vaia seguido de acusativo pode provocar a sustitución deste por dativo.
        -Neste instituto estímaseche moito (*estímasete).

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Acusativo e dativo

Existen formas exclusivas de acusativo (te, o, a, os, as, cos seus alomorfos) e formas exclusivas de dativo ( che, lle, lles) , e outras empréganse tanto no dativo coma no acusativo ( me, nos, vos ). O galego conta con dúas formas pronominais átonas na segunda persoa ( te , CD/ che , CI) e na terceira ( o, lo,no, CD/ lle , CI), distinguíndose da primeira persoa, representada pola forma me para ambas funcións. Na segunda persoa é onde a nosa lingua particularmente dispón dunha forma, che , indicativa do CI. A maioría das linguas non presentan esta diferenciación, sendo o acusativo o que reúne ambas funcións. Así, en castelán temos: No te veo/No te veo el coche , fronte ao galego: Non te vexo/Non che vexo o coche . Ás persoas estranxeiras resúltalles difícil saber cando se emprega o clítico de acusativo te e o de dativo che , por iso hai unha norma pola que se poden guiar: substituír estas formas polos pronomes de 3ª persoa, lle (dativo)  e o (acusativo), o

Serie átona

NÚMERO PERSOA E XÉNERO NON REFLEXIVO REFLEXIVO DATIVO ACUSATIVO SINGULAR 1ª me 2ª che te 3ª Masculino lle o, lo, no se Feminino a, la, na PLURAL 1ª nos 2ª vos 3ª Masculino lles os, los, nos se Feminino as, las, nas