Saltar ao contido principal

Acusativo non reflexivo (adoita ter función de CD en verbos transitivos).

As formas de acusativo realizan na frase nominal a función de CD (Xoán tróuxote á facultade), a de atributo (Seica es a irmá de Xoán. Pois sereina.../ Sodes de Santiago? Si, sómolo), e a de predicativo do suxeito (Vostede non é a sogra do Fidel? -Sona, señor, sona.). A estas funcións temos que engadirlle a de suxeito do infinitivo nas estruturas de verbo finito+infinitivo+pronome: fíxente rir. (Fixen que ti rises)
O pronome de acusativo de 3ª persoa, tanto singular como plural, presenta distintos alomorfos con distribución complementaria (no/na, nos/nas; lo/la, los/las; o/a, os/as)
No/na, nos/nas: a forma verbal remata en ditongos.
Recitou un poema= Recitouno
Sentiu morriña= Sentiuna
Lo/la, los/las: forma verbal rematada en –r ou en –s ou despois dun pronome átono de dativo que finalice en –s e do pronome interrogativo u.
Vestir unha saia=Vestila
Tirar o lixo= Tiralo
Deulles un agasallo= déullelo
Díxome que buscase o libro. Ulo?
O, a, os , as: colócanse despois dunha forma verbal rematada en consonante que non sexa nin –r nin –s (lévano á universidade), despois de vogal (lévao á universidade) e cando o pronome vai anteposto ao verbo (mercáchelas, non as mercaches).

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Dativo non reflexivo e valores especiais

Considérase tipicamente que a principal función, que desenvolve o pronome de dativo ( me, che, lle, nos, vos, lles ) dentro dunha oración é a de obxecto indirecto moitas veces equivalendo a un sintagma preposicional encabezado por   a : Seguro que che darán un posto de traballo na nova empresa. (a ti) Fai lle caso á profesora, ela é unha persoa moi sabida. (a ela) Dei che o agasallo polo teu aniversario . (a ti) Ademais tamén pode realizar a función de suxeito de infinitivo nas estruturas verbo finito+infinitivo+pronome cando o verbo en forma fìnita (conxugada) é impersoal: ( cómpre che traballar máis = cómpre que ti traballes máis) . Pode ter os valores especiais de dativo de interese, dativo de solidariedade ou dativo posesivo. Dativo de interese : Existe unha persoa (normalmente o emisor) que ten interese nos feitos relatados, no seu desenvolvemento ou na súa consecuencia (non participa directamente). Non te me vaias de aquí. Voulle mercar unhas luvas nov...

Acusativo e dativo

Existen formas exclusivas de acusativo (te, o, a, os, as, cos seus alomorfos) e formas exclusivas de dativo ( che, lle, lles) , e outras empréganse tanto no dativo coma no acusativo ( me, nos, vos ). O galego conta con dúas formas pronominais átonas na segunda persoa ( te , CD/ che , CI) e na terceira ( o, lo,no, CD/ lle , CI), distinguíndose da primeira persoa, representada pola forma me para ambas funcións. Na segunda persoa é onde a nosa lingua particularmente dispón dunha forma, che , indicativa do CI. A maioría das linguas non presentan esta diferenciación, sendo o acusativo o que reúne ambas funcións. Así, en castelán temos: No te veo/No te veo el coche , fronte ao galego: Non te vexo/Non che vexo o coche . Ás persoas estranxeiras resúltalles difícil saber cando se emprega o clítico de acusativo te e o de dativo che , por iso hai unha norma pola que se poden guiar: substituír estas formas polos pronomes de 3ª persoa, lle (dativo)  e o (acusativo...

Introdución

Os pronomes son un grupo pechado de morfemas gramaticais que sintacticamente actúan coma un sintagma nominal; morfoloxicamente poden admitir flexión ou non (sendo así palabras variables ou invariables), e semanticamente caracterízanse porque o seu significado é referencial ou relacional (ata que non se asocien a un referente non posúen significado total). Podemos distinguir varias clases de pronomes: persoais, posesivos, demostrativos, relativos, interrogativos, exclamativos, identificadores, ordinais e cuantificadores. O pronome persoal, caracterízase por realizar as mesmas función ca un substantivo. No plano léxico a súa principal referencia é a de persoa; no morfolóxico defínese porque nas de 3ª presenta flexión de xénero e número . Á hora de estudalos podemos facer a distinción segundo a función que desempeñen na oración: pronomes átonos e tónicos. Ademais os pronomes tónicos posúen acento de intensidade. As formas pronominais tónicas refírense ao nominativo ou a...