Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta acusativo non reflexivo

Acusativo non reflexivo (adoita ter función de CD en verbos transitivos).

As formas de acusativo realizan na frase nominal a función de CD ( Xoán tróuxo te á facultade ), a de atributo (Seica es a irmá de Xoán. Pois serei na .../ Sodes de Santiago? Si, sómo lo ), e a de predicativo do suxeito ( Vostede non é a sogra do Fidel? -Son a , señor, son a .). A estas funcións temos que engadirlle a de suxeito do infinitivo nas estruturas de verbo finito+infinitivo+pronome: fíxen te rir . ( Fixen que ti rises) O pronome de acusativo de 3ª persoa, tanto singular como plural, presenta distintos alomorfos con distribución complementaria ( no/na, nos/nas; lo/la, los/las; o/a, os/as ) No/na, nos/nas : a forma verbal remata en ditongos. Recitou un poema= Recitou no Sentiu morriña= Sentiu na Lo/la, los/las : forma verbal rematada en –r ou en –s ou despois dun pronome átono de dativo que finalice en –s e do pronome interrogativo u . Vestir unha saia=Vesti la Tirar o lixo= Tira lo Deulles un agasallo= déu llelo Díxome que buscase o libro. U lo ? O, a,...