Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta reflexivo

Acusativo e dativo reflexivo

1.Úsanse con frecuencia en construcións reflexivas, na que dous argumentos son correferentes. Poden ser directas ou indirectas: a)Nas construcións reflexivas directas a correferencia dáse entre o suxeito e o CD sendo necesaria unha construción transitiva: Vícheste reflectida na ventá. Existen verbos transitivos en construcións reflexivas nas que a acción queda interiorizada no Suxeito. O redobro do clítico pode resultar estraño ou incorrecto. Sara maquillouse a ela mesma. *Sara parouse a si mesma. Incorrecta. b )Nas construcións reflexivas indirectas a correferencia dáse entre o suxeito e CI, posibilidade que en galego ocorre moi raramente (só posible en constricións particulares sempre que o CD non sexa un clítico). ¿Non te preguntaches se sería certo? 2.As formas reflexivas úsanse tamén nas construcións de reciprocidade, nas que dous ou máis actores se alternan nos papeis de suxeito (axente) e obxecto, representado por un clítico reflexivo de plural que pode se CD ...